Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Recursos específicos do programa de doutoramento

En relación cos recursos materiais, espazos físicos, recursos informáticos, etc, o programa de doutoramento, sendo un programa de contidos xurídicos, utiliza os recursos materiais da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo de Vigo e da Facultade de Dereito de Ourense. Pero en particular os recursos informáticos da EIDO.

Tanto a Comisión Académica para as súas reunións, os titores para realizar sesións cos doutorandos, o desenvolvemento de actividades formativas de Actualización Xurídica, etc., empregan espazos virtuais e, tamén, físicos e virtuais en ambas as facultades. O traslado ao campus virtual de moitas actividades de titorización, formación e de xestión, obrigado nun primeiro momento pola pandemia de Covid-19, favoreceu o desenvolvemento de todas esas actividades.

Tanto en Vigo como en Ourense, todas as áreas dispoñen dunha sala na que adoitan situarse recursos informáticos ao dispor dos doutorandos para o acceso a fontes bibliográficas e revistas e bases de datos en liña. A Universidade de Vigo e en particular as áreas xurídicas, particularmente aquelas cuxas liñas de investigación teñen máis peso no programa, dispoñen de importantísimos fondos bibliográficos que facilitan por si mesmos a investigación en dereito. De todos os xeitos, aínda que devandita bibliografía non vai ser suficiente en moitos casos, hai que sinalar que a Biblioteca posúe un áxil servizo de préstamo interbibliotecario que practicamente garante o acceso a calquera fonte.

Trátase, por outra banda, dun servizo gratuíto para o doutorando. O avance das publicacións Open Access e a dispoñibilidade de fondos bibliográficos en repositorios de libre acceso, ampliou moito o acceso á bibliografía. Por tanto, pódese afirmar sen ningunha dúbida que os recursos materiais son adecuados para o número actual de doutorandos, e seríano tamén se o seu número se incrementase.

O programa dispón dun orzamento propio asignado polo EIDO e a CAPD dota anualmente un número de bolsas que facilitan a asistencia a congresos e estadías no estranxeiro ou noutras universidades. Procúrase dotar un número de bolsas suficiente para as solicitudes que previsiblemente se van a presentar.

Por outra banda, os doutorandos benefícianse de convocatorias públicas xerais, o que permite financiar as súas estancias no estranxeiro e noutras Universidades. É conveniente, no entanto, manter o noso bo nivel de recursos, en particular os bibliográficos. O programa cumpre cos criterios de accesibilidade universal e deseño para todos, segundo o disposto no Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social.

 

Recursos materiais e servizos centralizados

O programa dispón de recursos institucionais materiais e virtuais da Universidade de Vigo de forma centralizada, nas dependencias institucionais dos tres campus (Ourense, Pontevedra e Vigo), e descentralizada, tanto nas facultades e escolas como nas estruturas de investigación (centros e institutos de investigación, centros de soporte).

Entre os recursos centralizados son destacables (non exhaustivo):

Ademais, o Regulamento de Réxime Interno da EIDO establece a infraestrutura e recursos da EIDO (sede, medios materiais e humanos, recursos de financiamento propios).