Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Perfil de ingreso

O perfil de ingreso a este programa de doutoramento está orientado cara a graduados e licenciados en dereito, relacións laborais e outras ciencias sociais. Excepcionalmente admitiranse graduados e licenciados noutros campos do saber para desenvolver investigacións interdisciplinarias baixo a dirección dun profesor do programa pertencente a unha disciplina xurídica. Deberán posuír competencias comunicacionais orais e escritas nalgunha das linguas do programa.

 

Criterios de admisión

A CAPD valorará as solicitudes de admisión no programa de doutoramento en función dos seguintes criterios:

  • Expediente académico: Grao (10% / 10 puntos) e Mestría (20% / 20 puntos), total (30% /30 puntos)
  • Experiencia investigadora previa (10% / 10 puntos)
  • Experiencia profesional (5% / 5 puntos)
  • Estadías de investigación (5% / 5 puntos)
  • Cursos realizados e impartidos (5% / 5 puntos)
  • Coñecemento de idiomas (5% / 5 puntos)
  • Aval dun investigador do programa indicando (i) a potencial viabilidade da futura tese no marco dunha liña de investigación do programa e (ii) que pode exercer como persoa directora en caso de cumprir os requisitos necesarios para iso (40% / 40 puntos)

Para asegurar a igualdade de oportunidades de todos os candidatos ao programa e evitar discriminacións, poñerase ao dispor dos candidatos con antelación suficiente a información do profesorado do programa para que poidan establecer os contactos necesarios para a obtención do aval.

Para ser admitido no programa de doutoramento debe alcanzarse unha porcentaxe/puntuación mínima do 65% / 65 puntos.

 

Procedemento de admisión

O estudantado que reúna os requisitos de acceso aos estudos de doutoramento poderá solicitar a admisión no programa nos prazos establecidos pola universidade.

Cada programa de doutoramento deberá reservar, polo menos, un 5% das prazas ofertadas para estudantes que recoñecesen un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, así como para estudantes con necesidades educativas especiais permanentes e que nos seus estudos anteriores precisasen de recursos e apoios para a súa plena normalización educativa. As prazas que non se cubran nesta cota especial pasarán a formar parte da oferta xeral de prazas do programa.

A CAPD, de acordo cos criterios de admisión establecidos no programa, publicará unha proposta provisional de persoas admitidas e excluídas, con indicación dos complementos de formación necesarios, de ser o caso, xunto coa súa correspondente lista de agarda.

As persoas non admitidas poderán presentar unha reclamación no prazo e forma establecidos na convocatoria. Transcorrido o prazo de reclamacións e resoltas estas, remitirase a relación de estudantes admitidos ao órgano de xestión correspondente, a efectos de que poidan formalizar a súa matrícula no prazo que se sinale. De non formalizar a súa matrícula, os/as solicitantes decaerán nos seus dereitos.